Eventos

Programa do Entroido de Laza 2025

O programa do Entroido de Laza 2025 comezará o 7 de febreiro co primeiro dos Venres de Folións e rematará o 9 de marzo co Domingo de Piñata.

A localidade de Laza posúe un dos mellores Entroidos de Galicia a pesares de non ter a poboación doutras vilas como Xinzo, Verín ou Ourense.

Programa do Entroido de Laza 2025

Este concello da provincia de Ourense figura nas axendas de todos aqueles que viven o Entroido con paixón e viaxan todos os anos ata esta localidade para vivir unha das mellores festas. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, o Entroido de Laza terá no 2025 un intenso e variado programa de actividades.

Os folións, a cea do cocido, a fariñada, a farrapada, a baixada da morena ou o testamento do burro son algunhas das citas deste entroido.

7, 14 e 21 de febreiro – Venres de Folións

  • 23h – Folións desde o fondo da Cerdeiriña, con chocos, fachóns e bombos, percorrendo as rúas da Cerdeiriña, A Picota, A Rúa, Souteliño e Cimadevila.

27 de febreiro – Xoves de Comadres

  • 14h – Folión dos Nenos do CEIP O Castiñeiro polas rúas de Laza
  • Pola Noite, Cea das Comadres
  • Verbena ata que o corpo aguante co Grupo 3.com

28 de febreiro – Venres de Folión

  • Pola tarde, pasacalles e troula asegurada co grupo tradicional «Tanto nos Ten» polas rúas de Laza.
  • 21:30h – Cea de Cocido na carpa instalada na entrada de Laza
  • 00:00h – Gran Folión, con saída desde o fondo da Cerdeiriña, con chocos, fachóns e bombos percorrendo as rúas da Cerdeiriña, A Picota, A Rúa, Souteliño e Cimadevila ata altas horas da madrugada.
Programa do Entroido de Laza 2025
Foto: Entroido de Laza

1 de marzo – Sábado de Cabritadas

  • Pola tarde, pasacalles co grupo «Tanto nos Ten» polas rúas de Laza.
  • Fariñada na Praza da Picota e ao remata música co Grupo LouBand
  • Pola noite, cea dos mozos do pobo e ao remate a verbena co Grupo 3.com

2 de marzo – Domingo de Estrea

  • Pola mañá, Estrea dos Peliqueiros e pasacalles con charangas
  • Saída da misa, Saúdo dos peliqueiros e reparto da bica dos peliqueiros na Praza da Picota
  • Á media tarde, Desfile das Carrozas Típicas e troula polas rúas co grupo tradicional «Os Varacuncas» e cunha charanga
  • Baila coa charanga «Los Támega» e verbena coa actuación da Orquestra M3 Show

3 de marzo – Luns Borralleiro

  • Pasacalles con grupos tradicionais
  • Pola mañá, Farrapada na Praza da Picota, Maragatos e Xitanada de Burros e ó remate, música con charanga
  • Pola tarde, na Picota, música con charanga. Ao remate Baixada da Morena, acompañada das formigas, toxos e cabelleiros. Reparto das Cachuchas na Picota.
  • Animación musical cos Festicultores e verbena coa orquestra Triunfo
Programa do Entroido de Laza 2025

4 de marzo – Martes de Entroido

  • Pasacalles con charanga e grupo tradicional
  • Pola mañá, Saída dos peliqueiros veteráns
  • Pola tarde, baile coa Orquestra Alma Latina e Testamento do Burro, co reparto dos veciños, Enterro do Entroido e Loito dos Peliqueiros
  • Á noitiña, animación musical con charanga

9 de marzo – Domingo de Piñata

  • Pulpeira na Praza da Picota para todos os interesados e animación musical con charanga

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.