Eventos

Coanhadeira presenta novo disco no Liceo de Ourense

O grupo Coanhadeira presenta este sábado, 15 de febreiro, o seu novo disco «7273» no Liceo de Ourense a partir das 19h.

Creado no ano 2006, Coanhadeira ten unha gran experiencia sobre os escenarios con actuacións de gran relevancia nos mellores festivais musicais.

Coanhadeira presenta novo disco no Liceo de Ourense

A música de Coanhadeira xa pasou polos escenarios do Festival Intercéltico de Ortigueira, o Festival de Rebusca, o Sauga Folk ou o Festival Interceltique de L’Orient en Francia.

Coanhadeira presenta novo disco no Liceo de Ourense
Foto: Coanhadeira

No cuarto traballo discográfico desta formación, o título escollido fai mención á superficie da provincia de Ourense. «7273» é a extensión en quilómetros cadrados que ten a provincia.

Integrantes de Coanhadeira

  • Vadim Yukhnevich: acordeón;
  • Marcos Pérez, Kinhos: batería e percusións;
  • Patricia López: voz e percusións;
  • Oscar Freire: saxo sorprano e tenor;
  • Rafa Morales: baixo;
  • Jesús Pérez, Chechu: gaitas e zanfona.

O concerto de presentación deste novo traballo será no Salón Nobre do Liceo de Ourense este sábado, 15 de febreiro, ás 19h. O prezo da entrada será de 10€ para público xeral e 5€ para socios do Liceo e menores de 10 anos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.