Noticias

Ourense contará cun festival de música folk nos Maios de 2026

O Concello de Ourense reforzará a programación da festividade dos Maios cun festival de música folk a partir do ano 2026.

O anuncio produciuse tras a reunión entre o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, e o músico e artesán Manuel Brañas, fundador do grupo Brañas Folk, celebrada esta mañá no consistorio.

Ourense contará cun festival de música folk nos Maios de 2026

O festival, que se desenvolverá durante unha fin de semana coincidindo coa festividade dos Maios e o Día da Nai, sumará un novo atractivo á tradicional festa ourensá. A programación dos Maios de 2025 xa está pechada, polo que a primeira edición do evento musical terá lugar en 2026. Actualmente, desde hai tres anos, xa se inclúa unha actuación de música folk na festividade, pero esta iniciativa ampliará significativamente a súa presenza e impacto.

O formato do festival contemplará dúsa xornadas, o sábado e o domingo, cun cartel de músicos de prestixio e actividades paralelas. Entre as opcións que se valoran están os obradoiros de elaboración de instrumentos, conferencias e concertos didácticos. Con esta proposta, preténdese non só dinamizar a festa dos Maios, senón tamén fomentar o turismo na cidade durante esta data.

Ourense contará cun festival de música folk nos Maios de 2026
Foto: Ayuntamiento de Ourense

O Concello de Ourense asumirá a organización do evento e prevé solicitar a colaboración da Xunta de Galicia para garantir o éxito do festival. «É un win-win», afirmou o alcalde Jácome, destacando que a combinación da festa dos Maios co novo festival suporá un reforzo para a celebración tradicional e un aliciente para a escena musical folk en Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.