Noticias

BNG pide a Jácome que paralice o desafiuzamento na alameda

O Goberno local do Concello de Ourense aprobou o pasado xoves, en Xunta de Goberno Local, a orde de desafiuzamento das praceiras e praceiros que ocupan agora o espazo da alameda.

A notificación oficial foi remitida este venres ás persoas afectadas.

BNG pide a Jácome que paralice o desafiuzamento na alameda

A decisión foi criticada polo BNG, que volve instar ao alcalde Gonzalo Pérez Jácome a “recapacitar, reconsiderar a súa postura, volver á mesa coa Xunta e aceptar a man tendida que se lle está a ofrecer desde o Goberno galego”, en palabras do seu portavoz municipal, Luís Seara.

Seara subliñou que o traslado das vendedoras e vendedores ao edificio rehabilitado “debe facerse nas mellores condicións posibles”, xa que están en xogo máis de 240 postos de traballo directos e un modelo de comercio baseado na proximidade e no produto local de calidade.

BNG pide a Jácome que paralice o desafiuzamento na alameda

Non podemos permitirnos perder iso como sociedade”, sinalou o voceiro nacionalista, quen tamén puxo en valor o papel das prazas de abastos como motores socioeconómicos e atractivos turísticos da cidade. “Cómpre facer o posíbel para que poidan desenvolver a súa actividade coa maior dignidade e nas mellores condicións”, insistiu.

O BNG considera que manter a alameda ocupada indefinidamente supón un prexuízo para toda a cidadanía. “É responsabilidade de todas e todos, pero especialmente do alcalde, buscar unha solución que beneficie a Ourense no seu conxunto”, concluíu Seara.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.