Noticias

Valdeorras aposta pola lousa como motor de futuro

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, participou este martes na inauguración da xornada técnica “Arquitectura, construción e pizarra en Valdeorras: un diálogo cara o futuro de Ourense”.

O acto de inauguración tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Valdeorras aposta pola lousa como motor de futuro

O encontro reuniu expertos do sector mineiro e da construción para debater o papel da lousa no desenvolvemento sostible e económico da provincia.

Durante o acto, Santos salientou a importancia do sector da lousa, cualificándoo como “estratéxico para o Goberno de España”. Así o reflicte o Plan de Acción das Materias Primas Minerais 2025-2029, elaborado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que recoñece a relevancia de recursos como a lousa para a industria e a transición ecolóxica.

Valdeorras aposta pola lousa como motor de futuro
Foto: Subdelegación do Goberno

A xornada tamén serviu para abordar as oportunidades que ofrece o uso da lousa en arquitectura contemporánea, así como os retos que afronta o sector en materia de innovación, sustentabilidade e valorización do produto galego. A comarca de Valdeorras, principal produtora de lousa en España, xogará un papel clave neste proceso.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.