A localidade de Luintra, en Nogueira de Ramuín, prepárase para vivir unha fin de semana chea de festa, música e tradicións populares con motivo das festas na honra a Santa Baia.
Estas festas serán os días 11, 12 e 13 de xullo de 2025.
Luintra celebra as súas festas na honra a Santa Baia
A programación arranca o venres 11 cunha cea popular ás 21.30 h, seguida dunha tirada de fogos ás 23.30 h. A noite musical contará coas actuacións do Grupo Tattoo ás 23.45 h e A Gramola a partir das 02.45 h.
O sábado 12 estará dedicado á competición e ao lecer, con campionatos de subastado (16.00 h), fútbol 3×3 (17.00 h), futbolín (18.00 h) e chave (19.00 h). Ás 23.00 h celebrarase un bingo popular e, a continuación, as actuacións de Eme Music (23.30 h) e DJ Pancho (02.30 h).
O domingo 13 comezará coa tradicional procesión dende a capela ata a igrexa ás 12.00 h, acompañada polo grupo Airiños de Caldelas. A música continuará coa sesión vermú ás 13.00 h na cantina da comisión.
Pola tarde, os máis pequenos poderán gozar dunha festa infantil entre as 16.30 h e as 20.00 h. A clausura correrá a cargo do grupo Quinkillada, que actuará ás 20.00 h.
