Colaboraciones

José de Viñoás dedica un poema-canción a Ramuín y Viñoás

José de Viñoás comparte «De Ramuín a Viñoás», una nueva composición en forma de poema-canción popular dedicada a estas terras ourensás e á comarca da Ribeira Sacra, en honra a Santo Antonio de Viñoás.

Poema-canción de José Antonio Regueiro Docampo – José de Viñoás, dedicado a Ramuín y Viñoás.

De Ramuín a Viñoás

José de Viñoás dedica un poema-canción a Ramuín y Viñoás

De Ramuín pra Viñoás levo un ramo moi florido,
anque digan que é torto e ruín,
vai garrido, vai cumprido,
¡ser é, torto e ruin, pero ser é de Ramuín!

Xa repican as campás de Santa María,
lévoo pra dentro con moita alegría,
pro Santo Antonio, noso patrono bendito,
il di: ¡si é de Ramuín, ven bonito que é!

¡E que o saiba todo o mundo, que quede contado!
Ramuín foi a orixe, eiquí fomos poboados,
o primeiro concello aberto, de veciños reunidos,
¡Ramuín e Viñoás, ribeiras do Miño e do Sil, sempre xuntos sempre unidos!

Publicaciones relacionadas

No campo do Santo Antonio empeza a romería,
os ramistas din: ¡anque torto e ruín, ven bendito que é!,
tres días de festa, pan, viño e alegría,
¡anque torto e ruín, si é de Ramuín, ben bonito que é!

¡Aturulo que cruce o Miño!

¡Aturulo que cruce o Sil!
¡Que suba polo Mao e polo Bibei!
¡De Viñoás a Ramuín!
¡De Ramuín a Peares!

¡De Peares a Barxacoba!
¡De Barxacoba a Pombeiro!
¡De Pombeiro a Carracedo!
¡De Carracedo a Belesar, pra escoitar!

Na verbena os ramistas levámolo ben alto é bailando,
coa Charanga,
rosquillas, doces e licor van cantando,
os novos ramistas dixeron:
¡ata o trece de xuño prometemos señores, con foguetes e aturulos, con un ramo torto e ruin pero de Ramuín!

José de Viñoás en plena Rovoyra Sacrata, un 13 de xuño de 2026.

Botón volver arriba