A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde, presentaron esta mañá a programación das Festas de San Bieito 2025, que se celebrarán do 11 ao 13 de xullo, cun adianto musical o xoves día 10.
A proposta combina música en directo, espectáculos familiares, tradicións populares e actos relixiosos, pensados para todos os públicos.
San Bieito 2025: programación completa das festas de Allariz
A apertura festiva terá lugar o xoves 10, cun concerto da Agrupación Coral Arnoia na Igrexa de San Bieito ás 21:15h.

O venres 11, a programación céntrase na Praza do Matadoiro, onde ás 20:00h a compañía Tanxarina porá en escena o seu espectáculo de monicreques Titiricircus, pensado para público infantil e familiar. A noite continuará na Barreira coa Discomóbil Apocalipsis, a partir das 23:00h.
O sábado 12 será unha das xornadas máis completas. Ás 11:30h comezará o tradicional desfile de xigantes e cabezudos desde a Casa da Cultura, acompañados pola Agrupación de Pé Feito. Xa pola noite, ás 20:30h, a música será protagonista cun concerto das bandas Airiños do Morrazo e Unión Musical de Allariz na Alameda. A partir das 21:30h, a Orquestra Horizon, The Show, amenizará a verbena con dobre sesión na Barreira.
O domingo 13, a actividade arrancará ás 10:00h cun pasarrúas da Banda Unión Musical de Allariz desde a Barreira. Ás 11:00h terá lugar a tradicional procesión de San Bieito, acompañada polos xigantes e cabezudos, as agrupacións de Pé Feito, Unión Musical de Allariz e Lemavos. Ao remate celebrarase a misa solemne.
Xa pola tarde, ás 12:30h, a Agrupación Folclórica Lemavos actuará na Praza do Matadoiro. A continuación, ás 13:30h será a quenda da Banda Unión Musical de Allariz. A festa culminará ás 21:00h cun baile da Orquestra Compostela na Barreira. Como broche final, un espectáculo de fogos artificiais a cargo de Josman, no Campo de Vilanova, ás 00:00h.

Durante toda a fin de semana tamén se celebrarán actos relixiosos, incluíndo misas e a Novena de San Bieito, desde o día 2 ao 10 de xullo.