Eventos

Sete espectáculos infantís nas bibliotecas de Ourense en xullo e agosto

As bibliotecas municipais do Concello de Ourense acollerán este verán sete espectáculos de contacontos dirixidos ao público infantil.

A iniciativa está promovida polo Concello en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos durante os meses de xullo e agosto.

Sete espectáculos infantís nas bibliotecas de Ourense en xullo e agosto

As representacións desenvolveranse nas bibliotecas da Ponte, San Francisco e A Carballeira, con propostas variadas que combinan música, teatro e animación. A participación é gratuíta, pero será necesario inscribirse previamente de maneira presencial ou por teléfono en cada unha das bibliotecas.

Sete espectáculos infantís nas bibliotecas de Ourense en xullo e agosto
Foto: Concello de Ourense

Na biblioteca municipal da Ponte, situada na Praza Mestre Luis Fernández (tel. 988 605 751), a programación inclúe:

  • “O Grúfalo”, con Carmen Domech, o martes 8 de xullo (11:00-12:00 h).
  • “Brincadeira pirata”, con Galerna Crúa, o martes 22 de xullo (11:00-12:30 h).
  • “Contamúsicas”, con Raquel de Ana, o venres 29 de xullo (11:00-12:00 h).

Na biblioteca municipal de San Francisco, na Explanada de San Francisco (tel. 988 230 124):

  • “Pequeño cabaret infantil”, con Nelson Quinteiro, o xoves 10 de xullo (11:00-11:50 h).
  • “Unha armadura con ferruxe”, con Garabato de Xogos, o martes 19 de agosto (11:00-11:45 h).

E na biblioteca municipal da Carballeira, na Praza Sagrado Corazón (tel. 988 253 893):

  • “Viaxa cos libros”, con Manuel Solla, o venres 18 de xullo (11:00-12:00 h).
  • “Noa no espello”, con Sabela, o martes 26 de agosto (11:00-11:50 h).

As bibliotecas estarán abertas ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.