Eventos

Festas Sobrado 2025: programación completa en Gomesende

As festas de Sobrado 2025, no concello de Gomesende, celebraranse os días 25 e 26 de xullo cun completo programa de actividades pensado para todos os públicos.

A cita contará con ceas populares, pasarrúas, música en directo, charangas, sesións DJ, actividades infantís e moita animación.

Festas Sobrado 2025: programación completa en Gomesende

O venres 25 arrancará ás 22:00 horas cunha cea popular amenizada pola Charanga BCB. A partir das 23:45 horas, a festa continuará coa sesión de DJ Pukas e a actuación do Grupo Arizona, que animará a noite con música para bailar ata altas horas.

O sábado 26 comezará ás 14:00 horas cunha pasarrúas e sesión vermú a cargo de Como Queiras Band. Xa pola tarde, ás 17:00, terá lugar unha gran gymkana infantil, seguida ás 20:00 dunha actuación especial para os máis pequenos con «Aprendices Máxicos».

A partir das 23:00 horas retomarase a música para todos os públicos coa Charanga Europa, o cantante Antonio Barros e unha nova sesión de DJ Pukas para pechar as festas por todo o alto.

Festas Sobrado 2025: programación completa en Gomesende

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.