Eventos

Monterrei celebra a súa XVIII Feira do Viño

A comarca de Monterrei xa ten todo preparado para celebrar a súa XVIII Feira do Viño, que se desenvolverá durante tres xornadas, entre o 8 e o 10 de agosto.

Este evento combinará o mellor da cultura vitivinícola da zona con actividades musicais, enogastronómicas e de lecer para toda a familia.

Monterrei celebra a súa XVIII Feira do Viño cun intenso programa cultural, gastronómico e musical

A Praza da Alameda acollerá as casetas de 18 adegas da D.O. Monterrei, ademais de showcookings, catas comentadas e actividades para todas as idades.

Monterrei celebra a súa XVIII Feira do Viño
Foto: DOMonterrei

O acto inaugural será este venres ás 20.00 horas na Praza García Barbón, co pregón a cargo da recoñecida actriz Mariana Carballal. Unha hora e media antes, ás 18.30 h., terá lugar na Igrexa Parroquial de Verín o acto de imposición de medallas da Cofradía dos Viños de Monterrei, que nesta edición recoñecerá a Xosé Manuel Santiago Afonso, José Manuel Gómez Gómez e Manuel Pardo Cid. A entrada será libre ata completar aforo.

18 adegas representarán o viño de Monterrei

A Praza da Alameda converterase no epicentro da feira, onde estarán presentes 18 adegas da Denominación de Orixe Monterrei, entre elas: Gargalo, Adega Valderello, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Tapias Mariñán, 3 Mentiras, Vía Arxéntea, Abeledos, Setembro, Franco Basalo, Daniel Fernández, Trasdovento, Quinta Soutullo, Manuel Vázquez Losada, Serra de Alén e Ramón Bigotes.

O horario de apertura dos stands será:

  • Venres 8: de 20.00 a 00.00 h. (con venda anticipada desde as 19.00 h.)
  • Sábado 9: de 12.30 a 14.30 h. e de 19.30 a 01.00 h.
  • Domingo 10: de 12.30 a 14.30 h. e de 19.30 a 00.00 h.

Ademais dos viños, o público poderá degustar produtos variados en postos gastronómicos como Jamones Don Francisco, Queixería Gaia, Gofres Matilde, Panadería Roscas, Cárnicas de Feces, Cien por Cel, Casa do Pulpo, Alacena – Puebla de Sanabria, e o foodtruck Cuscus, entre outros.

Catas comentadas, showcookings e xogos populares

A programación inclúe tamén actividades para todos os públicos. O sábado 9 ás 13.00 h., o sumiller Juanjo Figueroa guiará a cata ‘Monterrei, sorbos de historia e tendencia’. Ese mesmo día ás 20.00 h. terá lugar ‘Come, bebe e aprende do mellor xeito’, un showcooking con Begoña Vázquez (Mellor Cociñeira Galega 2024), Miguel López (CRDO Monterrei) e José Manuel Salgado (CMUS Verín).

O domingo 10, tamén ás 13.00 h., será a quenda da cata maridada ‘Monterrei: Frescura Atlántica, Carácter Continental’. Esta contará con produtos de Experiencias de Calidade de Galicia e guiada por Martín Touceda (Cien por Cel) e Juliana Picarelli, sumiller do restaurante Maruja Limón (1 estrela Michelin e 2 soles Repsol).

Os máis pequenos tamén terán o seu espazo con xogos populares no interior da Alameda, o sábado e o domingo, de 20.00 a 22.00 horas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.