Noticias

Monterrei abre a Primavera das Rutas do Viño

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, participou na apertura da 15ª edición da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, que se celebra ata o 10 de maio na Ruta do Viño Monterrei.

Durante a visita á Adega Vía Arxéntea, o delegado destacou o viño galego como motor económico, turístico e social do rural, xerador de emprego e clave para vertebrar o territorio.

Monterrei abre a Primavera das Rutas do Viño

Tamén puxo en valor o enoturismo como ferramenta de desenvolvemento sostible nas comarcas vitivinícolas.

Monterrei abre a Primavera das Rutas do Viño
Foto: Delegación da Xunta

A iniciativa, impulsada pola Xunta en colaboración coas rutas das cinco denominacións de orixe galegas, inclúe visitas gratuítas ás adegas, catas, degustacións, rutas e actividades culturais. Tras Monterrei, o programa continuará en Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e O Ribeiro.

Botón volver arriba