Noticias

PSOE e BNG piden un pleno extraordinario polos incendios en Ourense

Os grupos do PSdeG-PSOE e do BNG na Deputación de Ourense presentaron este xoves unha solicitude conxunta para convocar un pleno extraordinario centrado na situación dos incendios forestais que arrasan a provincia.

A petición vai dirixida ao presidente da institución, Luís Menor, e conta coa sinatura dos oito deputados da oposición.

PSOE e BNG piden un pleno extraordinario polos incendios en Ourense

A iniciativa chega tras o malestar da oposición coa fórmula elixida polo presidente para tratar o asunto no pleno extraordinario xa convocado para o 27 de agosto. Nesa sesión, o tema figura no punto 7 da orde do día baixo o epígrafe “Comunicación de Presidencia: Dación de conta da Presidencia sobre a situación dos lumes na Provincia de Ourense”. Socialistas e nacionalistas denuncian que esta opción reduce a análise a un “monólogo unilateral” de Menor, sen posibilidade de participación do resto de grupos.

PSOE e BNG piden un pleno extraordinario polos incendios en Ourense
Pazo Provincial. Foto: Deputación de Ourense

Reclamación dun debate real

Segundo o texto rexistrado, a “dación de contas” resulta “inadecuada” para abordar unha emerxencia desta magnitude. Os dous grupos lembran que a cidadanía xa esixiu respostas claras e coordinadas nas mobilizacións do pasado 21 de agosto en toda Galicia. “Agora é o momento de actuar con responsabilidade institucional”, subliñan.

PSOE e BNG reclaman que a Deputación, como institución supramunicipal, exerza un papel activo. Solicitan que lidere a resposta á crise, facilitando un “debate aberto, plural e construtivo” que permita consensuar medidas eficaces e dar respaldo aos concellos máis afectados.

Urxencia e condicións

A solicitude, avalada por máis dunha cuarta parte da corporación provincial, debe tramitarse nos prazos que marca a Lei de Bases do Réxime Local. Con todo, a oposición abre a porta a retirar a petición se o presidente inclúe na orde do día do pleno do 27 de agosto un punto específico que permita o debate directo e participativo sobre os incendios.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.