O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou unha sesión extraordinaria do Pleno municipal para o vindeiro venres 29 de agosto, ás 9.30 horas, coa finalidade de resolver as reclamacións presentadas e someter a aprobación definitiva os orzamentos do Concello de Ourense para o exercicio 2025.
A cita supón un paso clave no proceso de tramitación das contas municipais, que marcarán a planificación económica da administración local no próximo ano.
Jácome convoca un pleno extraordinario para aprobar os orzamentos de 2025
Antes desta sesión, ás 9.00 horas do mesmo día, celebrarase a reunión ordinaria da Comisión de Pleno. Neste encontro abordaranse os asuntos que se incluirán na orde do día do pleno ordinario correspondente ao mes de setembro.
