Eventos

Ourense acolle a presentación do ensaio colectivo “Repil 20 de abril de 1949”

O Salón de Tertulias do Liceo de Ourense será o escenario, o vindeiro venres 5 de setembro ás 20:00 horas, da presentación do libro Repil 20 de abril de 1949, un ensaio colectivo editado polo arqueólogo Xurxo Ayán e a poeta Olga Novo baixo o selo de Edicións Positivas.

O acto está organizado pola asociación Amigos da República de Ourense, xunto cos coordinadores da obra e a editorial.

Ourense acolle a presentación do ensaio colectivo “Repil 20 de abril de 1949”

O libro lembra a coñecida como “Batalla de Repil”, acontecida o 20 de abril de 1949 en Chavaga (Lugo), un enfrontamento decisivo que marcou o comezo do fin da loita guerrilleira e converteuse nun símbolo da represión franquista e da resistencia antifranquista na comarca.

Ourense acolle a presentación do ensaio colectivo “Repil 20 de abril de 1949”

A obra reúne máis de 300 páxinas con achegas de investigadores como Alfredo González Ruibal, Marcia Lika Hattori, Carlos Otero Vilariño, Manuel A. Franco Fernández, Santiago Macías, Mario Bueno Aguado, Rosa Martínez Valcárcel, Luis Antonio Ruiz Casero e Cristina Incio del Río. Nun ton que, segundo Ayán, vai “directo ao estómago e ao corazón”, o volume afonda na ciencia cidadá, a historia pública, a arqueoloxía comunitaria e a chamada arqueopoética.

O ensaio ofrece unha reconstrución histórica e social da parroquia de Repil e do contexto da posguerra, achegando testemuños e documentos que poñen nome ás vítimas e tamén aos verdugos. Ademais de recuperar a memoria dun suceso tráxico, destaca a importancia do movemento agrario da Pobra do Brollón e das Terras de Lemos, vinculando a historia local cun relato universal de sufrimento, dor, solidariedade e resistencia fronte á represión.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.