Eventos

A Merca celebra a XIV Exaltación do Porco ao Espeto

A XIV Exaltación do Porco ao Espeto, unha das festas gastronómicas máis destacadas da comarca, celebrarase o vindeiro 13 de setembro no Pavillón Municipal da Merca.

Esta xornada, organizada pola Asociación A Peneda da Lebre coa colaboración do Concello da Merca e a Deputación de Ourense, promete ser un evento cheo de sabor e tradición.

A Merca celebra a XIV Exaltación do Porco ao Espeto

A festa comezará ás 12:00 coa benvida a cargo do Grupo de Pandereteiras «As Ferreñas», que tamén amenizará un mercado de artesanía. Ás 13:00, os asistentes poderán desfrutar dunha degustación de xamón, preludio do gran xantar que se servirá no pavillón a partir das 14:30. O menú inclúe empanada, porco ao espeto, bebida, café e bica.

Ademais da gastronomía, a música será protagonista, coa actuación de «As Ferreñas» e a posterior sesión de DJ a cargo de Honorata. O prezo do xantar é de 25 euros para adultos. Os nenos de 13 a 16 anos pagarán 10 euros e os menores de 12 anos poderán comer de balde.

Exaltación do poco ó espeto.

As reservas para o xantar son limitadas e poden facerse ata o 9 de setembro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.