A Valenzá prepárase para acoller a súa tradicional Carreira Popular 2025, que terá lugar o domingo 21 de setembro co percorrido oficial xa definido: unha volta de 5 quilómetros ou dúas voltas de 10 quilómetros.
Tanto a saída como a meta estarán situadas diante da pista multideporte, convertendo este espazo no epicentro deportivo da xornada.
Carreira Popular da Valenzá 2025: inscricións abertas
A organización corre a cargo do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Barbadás, coa colaboración do Club Atletismo Maratón Barbadás, e busca reunir tanto a atletas afeccionados coma a corredores experimentados.

Categorías e inscricións
As inscricións están xa abertas a través da plataforma Sportmaniacs. Para a categoría de adultos, a participación terá un custo de 10 euros, mentres que as categorías inferiores serán de acceso gratuíto:
- Biberóns (200 m aprox., nados a partir de 2016).
- Escolares (2,4 km aprox.), con subcategorías desde Sub 10 (2016-2017) ata Sub 18 (2008-2009).
- Adultos (5 km e 10 km), incluíndo Sub 18 en diante e grupos Máster A, B, C e D segundo as idades.
A proba, que combina deporte e ambiente festivo, converteuse nun referente no calendario atlético da provincia, sendo unha oportunidade para promover hábitos saudables e a práctica do atletismo a todas as idades.