Noticias

Cortes de tráfico en Mariñamansa pola carreira popular do domingo

A carreira popular de Mariñamansa, pertencente ao circuíto Correndo por Ourense 2025, obrigará a realizar cortes e restricións de tráfico o domingo, 7 de setembro, durante a mañá.

A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes, dará comezo ás 11.00 horas, con saída na rúa Xoán Manuel Pintos.

Cortes de tráfico en Mariñamansa pola carreira popular do domingo

O percorrido inclúe tamén a avenida do Regato, avenida de Zamora, estrada de San Cibrao, explanada do Pazo dos Deportes Paco Paz, verea do Papón – A Farixa, rúa da Ermida e novamente Xoán Manuel Pintos, onde estará situada a meta.

O dispositivo especial de tráfico contempla o peche da rúa Xoán Manuel Pintos desde as 8.00 horas. Ademais, a partir das 10.30 horas quedarán restrinxidas as rúas do Papón e Eduardo Pondal, xunto co resto de vías polas que discorrerá a carreira.

A previsión é que a circulación se restableza ás 13.00 horas, salvo na rúa Xoán Manuel Pintos, que permanecerá pechada ata aproximadamente as 13.30 horas.

Esta medida busca garantir a seguridade de corredores e público, ao tempo que se recomenda ás persoas usuarias da vía planificar con antelación os seus desprazamentos e empregar itinerarios alternativos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.