A cita deportiva UROS Race 2025 celebrarase o próximo 14 de setembro en Toén (Ourense), no Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL).
Trátase dunha carreira de obstáculos de alto nivel que combina resistencia, forza e superación persoal, cun percorrido de 7 quilómetros e 40 desafíos físicos.
UROS Race 2025 chega a Toén cun circuíto de 7 km e 40 obstáculos
Baixo o lema “Ven a superar tus límites”, a proba reunirá a deportistas de diferentes categorías: élite, started e popular, permitindo a participación tanto de corredores profesionais coma de afeccionados que busquen vivir unha experiencia intensa en contacto coa natureza.

A competición está avalada pola OCR World Championships, o que lle outorga un valor engadido ao situarse dentro do circuíto internacional de carreiras de obstáculos. O evento conta co apoio institucional da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Inorde e Concello de Toén, ademais da colaboración doutras entidades e patrocinadores.
As inscricións xa están abertas a través da plataforma CCNORTE, e desde a organización animan a todos os interesados a reservar a súa praza canto antes para formar parte desta proba que promete espectaculares momentos de superación e espírito deportivo.