Eventos

Lobios acolle o Xurés Son 2025

O festival Xurés Son celebrarase o sábado 27 de setembro en Grou (Lobios), cunha programación que combina música, tradicións populares e gastronomía.

A cita, con entrada gratuíta, carpa acondicionada e zona de acampada libre, aspira a converterse nun encontro de referencia no corazón da serra do Xurés.

Lobios acolle o Xurés Son 2025

A partir das 17:30 horas abrirase o espazo infantil, con maxia da man de Henriko O Feiticeiro e xogos populares. Ás 18:00 horas terá lugar o espazo etnográfico, con actuacións de Os Rampeiros, Xingras da Arca e o Grupo de Baile Castro Floxo, ademais da feira e a representación dos entroidos do Xurés.

A música continuará ás 20:00 horas no espazo concertos, cun cartel no que figuran Caamaño & Ameixeiras, O Sonoro Maxín, Sabela, Eris Mackenzie e Catuxa Salom. A partir da 01:00 da madrugada, tomarán o relevo os DJ’s do Xurés: Dj Manu Grou, Dj Kike Ramos e Dj’s Family.

O evento contará tamén cun espazo gastronómico, que ofrecerá un menú do Xurés entre as 19:00 e as 23:30 horas.

Lobios acolle o Xurés Son 2025

A organización corre a cargo do Concello de Lobios coa colaboración da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.