Eventos

Monterrei celebra a súa IV Festa da Vendima con homenaxe ao viño e á tradición

A Alameda de Albarellos acollerá o vindeiro 4 de outubro a IV edición da Festa da Vendima de Monterrei, que este ano leva por título “Festival Monterrei Reverdece”.

A celebración, que rende homenaxe ao viño da Denominación de Orixe Monterrei e ao traballo dos viticultores, desprazarase nesta ocasión á capitalidade municipal debido ás obras no conxunto monumental.

Monterrei celebra a súa IV Festa da Vendima con homenaxe ao viño e á tradición

O lema escollido simboliza o renacer da comarca tras os lumes do verán. O Concello de Monterrei quere transmitir unha mensaxe de gratitude a todas as persoas que colaboraron na extinción dos incendios e lembrar que “xuntos medramos de novo”.

A xornada arrincará ás 11:30 horas coa saída do Folión de carros dende a Finca A Cortiña, acompañado por grupos de música e danza tradicionais de Galicia e Portugal. Ás 12:00 horas terá lugar a inauguración oficial co tradicional pisado de uvas, seguido dunha foliada aberta ata as 14:00 horas. A música continuará con A Roda e Coanhadeira, mentres o público poderá desfrutar dos viños da D.O. Monterrei, gastronomía local e animación infantil con obradoiros de Artesanía de Galicia.

A partir das 17:00 horas celebrarase a XL Xuntanza Internacional de Gaiteiros, aprazada en agosto polos incendios, e que contará con artistas de países como República Checa, Bélxica, Escocia e Portugal, así como de Asturias, País Vasco e diferentes puntos de Galicia.

Monterrei celebra a súa IV Festa da Vendima con homenaxe ao viño e á tradición

Como colofón, ás 22:00 horas subirá ao escenario Luar na Lubre, un dos grupos máis recoñecidos do folk galego a nivel internacional, para pechar unha xornada declarada de interese turístico e cultural.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.