Noticias

O BNG carga contra os “axustes” no transporte urbano de Ourense

O BNG de Ourense acusou este venres ao alcalde Gonzalo Pérez Jácome de “emendar pola porta de atrás” o novo mapa de liñas do servizo de transporte público.

Esta denuncia chega tras os constantes anuncios de cambios que o goberno municipal presenta como simples axustes.

O BNG carga contra os “axustes” no transporte urbano de Ourense

O portavoz nacionalista, Luís Seara, sostén que “o que se anuncia como axustes son cambios en toda regra que evidencian que a proposta inicial estaba moi mal deseñada”.

O BNG carga contra os “axustes” no transporte urbano de Ourense
Luís Seara. Foto: BNG

Engadiu que o sentir maioritario da veciñanza “demostra que o novo mapa non ofrece nin máis puntualidade nin máis conectividade, xusto o contrario do prometido polo executivo local”.

Recollida de sinaturas contra o novo mapa

O BNG iniciou esta semana unha recollida de sinaturas para canalizar o malestar cidadán. “Levamos toda a semana a pé de parada, escoitando á xente e recollendo as súas reclamacións. O descontento é xeralizado e iso reflíctese na intensa recollida de sinaturas que estamos tendo”, apuntou Seara. O voceiro do BNG avanzou que seguirán presentes nas rúas para dar voz ás queixas veciñais.

Mensaxe directo ao alcalde

O líder nacionalista reclamoulle a Jácome que “baixe á area, que abandone o búnquer da Alcaldía e que escoite directamente aos usuarios nas paradas”. Para Seara, os continuos cambios que se presentan como axustes “son a constatación do fracaso dunha proposta de liñas que xa se revelou como caótica e incompleta”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.