Noticias

O Concello conecta Mende e estación de tren coa residencia sanitaria

O Concello de Ourense activará o luns, 6 de outubro, os últimos axustes de mellora e optimización da nova rede de liñas do servizo de autobuses urbanos.

Esta modificación ten como obxectivo reforzar a conectividade da cidade mentres non entre en funcionamento a futura liña circular prevista para marzo.

O Concello conecta Mende e estación de tren coa residencia sanitaria

As modificacións consisten en garantir a conexión de Mende coa residencia sanitaria a través do Polvorín, unha demanda veciñal que quedaba pendente tras os primeiros cambios.

O Concello conecta Mende e estación de tren coa residencia sanitaria

Ademais, ampliarase o percorrido da liña número 6, que actualmente cobre o traxecto “Campo de fútbol do Couto-Residencia-As Curuxeiras”, prolongándoo desde o campo de fútbol até a estación de tren. Desta maneira, a estación ferroviaria quedará conectada coa residencia sanitaria, mellorando a mobilidade cidadá e facilitando os desprazamentos diarios.

Segundo o executivo local, estas actuacións forman parte do proceso de axuste progresivo co que se busca perfeccionar o funcionamento da rede de transporte urbano, tras unha primeira avaliación realizada desde a súa posta en marcha o pasado 16 de setembro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.