Noticias

As Termas da Chavasqueira reabren tras seis anos pechadas

As Termas da Chavasqueira reabrirán mañá ao público tras seis anos de peche por mor do incendio de 2019.

A reapertura prodúcese logo dunhas obras de rehabilitación impulsadas pola empresa concesionaria Ibernisha cun investimento próximo ao millón de euros.

As Termas da Chavasqueira reabren tras seis anos pechadas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, inaugurou esta tarde o recinto termal, acompañado pola concelleira de Termalismo, Noa Rouco, e representantes de distintos grupos municipais.

As Termas da Chavasqueira reabren tras seis anos pechadas
Foto: Ayuntamiento de Ourense

Hoxe é un gran día para Ourense”, destacou o rexedor, quen lembrou que “as Termas da Chavasqueira foron as primeiras da cidade e seguen a ser as máis emblemáticas”. Pérez Jácome subliñou que o novo recinto ofrecerá servizos de calidade a prezos accesibles, apostando por “un termalismo aberto a toda a cidadanía”.

O alcalde tamén lamentou os atrasos derivados da tramitación administrativa. “A reconstrución prolongouse seis anos pola burocracia. É algo tremendo, o promotor tivo que lidiar con todo o mundo para poder abrir. Os trámites son infernais”, afirmou.

Pablo Villuendas, xerente de Ibernisha, expresou a súa satisfacción pola reapertura dun espazo “no que se investiron miles de horas de traballo e moita ilusión”. A obra, executada pola empresa Atcon segundo o proxecto do arquitecto Manel Barrera, pretende devolverlle á cidade “ese corazonciño termal que foi motor do seu termalismo popular”.

O recinto abrirá de martes a xoves de 9.00 a 23.30 horas; venres e sábados, de 9.00 a 1.30 horas; e domingos, de 9.00 a 23.30 horas, permanecendo pechado os luns. O prezo xeral será de 5,15 euros, con tarifas reducidas de 4,65 euros para pensionistas e menores, ademais de abonos individuais e familiares.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.