Noticias

O Concello de Ourense activa un autobús de reforzo matinal

O Concello de Ourense pon en marcha desde mañá, mércores 8 de outubro, un autobús de reforzo matinal que conectará de forma continua a Praza da Mariña co Parque de San Lázaro.

Este servizo funcionará en bucle de ida e volta entre as 7:00 e as 15:00 horas, para atender o incremento de viaxeiros rexistrado tras o recente cambio das liñas do transporte urbano.

O Concello de Ourense activa un autobús de reforzo matinal

O novo itinerario inclúe paradas en rúa Vicente Risco, Ponte Nova, Ponte Nova (zona As Lagoas), Curros Enríquez e Xoán XXIII —detrás da Subdelegación do Goberno— no traxecto de ida.

Foto: Gonzalo Pérez Jácome

Pola súa banda, o percorrido de volta deterase en Curros Enríquez, Ponte Nova (A Ponte) e Parque da Ponte, antes de regresar á Praza da Mariña.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.