Noticias

Cortes de tráfico polo paso da carreira popular da Carballeira

A carreira popular da Carballeira, pertencente ao circuíto Correndo por Ourense e organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, provocará cortes e restricións de tráfico este domingo, 19 de outubro, durante a mañá.

A proba deportiva dará comezo ás 11:00 horas, aínda que desde as 10:30 horas permanecerán pechadas ao tráfico todas as prazas e rúas polas que discorrerá o percorrido: Praza da Lexión, Castelo Ramiro, Hórreo, Paspallás, Salto do Can e Rula.

Cortes de tráfico polo paso da carreira popular da Carballeira

O dispositivo especial da Policía Local de Ourense deseñou varias rutas alternativas para minimizar o impacto sobre a circulación:

Cortes de tráfico polo paso da carreira popular da Carballeira

Itinerarios alternativos

  • O tráfico procedente da rúa Castelo Ramiro desviarase á altura de Filomena Dato en sentido ascendente, e á de Camiño Curandeiro en sentido descendente.
  • Os vehículos que circulen pola rúa Couto Berredo deberán desviarse á altura da Nacional 525.
  • A rúa Salto do Can quedará pechada á altura da rúa da Rula.

O Concello recomenda ás persoas condutoras planificar os seus desprazamentos e empregar vías alternativas mentres dure o evento, co obxectivo de garantir a seguridade de participantes e público.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.