O Círculo de Podemos Ourense celebrou esta tarde unha asemblea aberta coa asistencia de militancia e simpatizantes, nun encontro destinado a avaliar o traballo realizado e a planificar o camiño político de cara ás eleccións municipais de 2027.
Durante a sesión, a militancia ratificou a voceiría de Francisco Diéguez, que continuará liderando o partido tras un ano de mandato.
Podemos Ourense reafirma a súa dirección e fixa rumbo cara ás municipais de 2027
O proceso foi cualificado como un exercicio de participación e confianza colectiva, orientado a reforzar a cohesión interna e a implicación dos militantes.

A asemblea contou coa presenza de Toño Naval, secretario autonómico de círculos de Podemos Galicia. Naval salientou o labor desenvolvido polo círculo ourensán e o compromiso da formación coa construción dun proxecto político sólido, arraigado no territorio e conectado coas necesidades da cidadanía.
O portavoz, acompañado polo seu equipo, entre eles Silvia, secretaria de Feminismo, e Ruymán, secretario de Organización, destacou a importancia do traballo conxunto e do diálogo constante coa sociedade ourensá.
Segundo as súas palabras, “a asemblea é o espazo natural onde rendemos contas e marcamos o rumbo político de Podemos Ourense. Queremos seguir fortalecendo un proxecto útil, participativo e aberto á cidadanía”.
As liñas de traballo para os vindeiros meses centraranse en vivenda, medioambiente e servizos públicos. Tamén prestarán especial atención ao servizo de bombeiros, á Policía Local e aos servizos sociais. Estes ámbitos son considerados fundamentais polo círculo de Ourense para garantir o benestar da veciñanza.