Noticias

O Concello de Ourense apoia 88 actividades veciñais con máis de 104.000 euros

O Concello de Ourense destinará este ano un total de 104.145,57 euros para apoiar 88 actividades organizadas polas asociacións veciñais da cidade, segundo informou a Concellería de Participación Cidadá, dirixida por Antonio Fernández.

Esta achega enmárcase na convocatoria anual de subvencións municipais para entidades veciñais, cuxo obxectivo é impulsar o asociacionismo e fomentar a participación cidadá ao longo de 2025.

O Concello de Ourense apoia 88 actividades veciñais con máis de 104.000 euros

As axudas permitirán ás asociacións financiar o seu funcionamento e desenvolver programas sociais, culturais e formativos, en consonancia co Plan Estratéxico de Participación Cidadá deseñado polo goberno local.

O Concello de Ourense apoia 88 actividades veciñais con máis de 104.000 euros

As entidades beneficiarias deberán xustificar o uso das subvencións antes do 30 de decembro de 2025, segundo establece a resolución aprobada polo Concello.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.