O Concello de Ourense instalou cinco novas fontes de auga potable para cans en distintas zonas da cidade co obxectivo de fomentar o benestar das mascotas e avanzar cara a unha cidade máis amable cos animais de compañía.
As fontes sitúanse na Praza do Couto, Praza de San Marcial, Alameda, Praza Daniel González (As Lagoas) e Parque de San Lázaro, espazos con alta afluencia de veciños que pasean a diario cos seus cans. Con esta medida, o Concello dá resposta a unha demanda cidadá e reforza o seu compromiso co coidado e a saúde animal.
Cinco novas fontes de auga para mascotas en Ourense
Este novo equipamento facilitará a hidratación das mascotas, especialmente nos meses de verán, cando as temperaturas son máis altas, e axudará a previr problemas de saúde derivados da falta de auga.

Ademais, permitirá reducir o risco de que os animais beban en lugares non axeitados e promoverá o uso responsable e compartido dos espazos públicos.