Noticias

Ourense acolle unha exposición sobre a enfermidade renal crónica

A Sala municipal José Ángel Valente acolle desde hoxe e até o 31 de xaneiro a exposición “A enfermidade renal crónica (ERC): un problema de Saúde Pública”.

Esta iniciativa busca concienciar e sensibilizar a cidadanía sobre o impacto desta patoloxía, en preocupante crecemento nas últimas décadas.

Ourense acolle unha exposición sobre a enfermidade renal crónica

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu á inauguración da mostra. A exposición ofrece un percorrido divulgativo pola evolución da ciencia e dos tratamentos para a enfermidade renal crónica.

Ourense acolle unha exposición sobre a enfermidade renal crónica
Foto: Concello de Ourense

A través dunha vintena de máquinas e aparellos médicos históricos, permite observar o avance da diálise desde comezos do século XX até a actualidade.

Organizada polo nefrólogo ourensán Alfonso S. Otero González, a mostra conta coa colaboración do Concello de Ourense, a Deputación Provincial, a Real Academia Nacional de Medicina de España, así como das sociedades española e galega de nefroloxía, o Colexio de Médicos de Ourense e as empresas Palex e A.M.A., co patrocinio de Coren.

A iniciativa non só pretende divulgar coñecemento médico, senón tamén reivindicar a creación dun Plan Nacional de Saúde Renal. A crecente incidencia desta enfermidade, afecta a millóns de persoas e representa un dos principais retos sanitarios do século XXI.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.