Noticias

Podemos Ourense leva á Fiscalía os danos ao patrimonio da rúa Bispo Cesáreo

Podemos Ourense presentou un escrito perante a Fiscalía Provincial solicitando a súa intervención urxente para frear os danos ao patrimonio cultural da rúa Bispo Cesáreo, situada no Conxunto Histórico-Artístico da cidade e declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

A formación morada lembra que o pasado 3 de novembro xa presentara un requirimento urxente, rexistrado co número 2025/3032645, ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, advertindo do risco de novas agresións e solicitando medidas cautelares. Porén, aseguran que ata o momento non recibiron resposta.

Podemos Ourense leva á Fiscalía os danos ao patrimonio da rúa Bispo Cesáreo

No escrito remitido á Fiscalía, Podemos Ourense recorda que en xaneiro de 2023 xa se produciron danos reais durante o desmontaxe das árbores de Nadal. Nun vídeo difundido polos medios, apréciase a rotura de bancos de pedra e impactos sobre o empedrado protexido da rúa.

A organización destaca tamén que a actuación afecta á contorna da Fonte de Oseira. Esta fonte está actualmente en trámite de declaración como Ben de Interese Cultural, o que “agrava a situación de risco patrimonial”.

Xa se rexistraron danos nunha ocasión, en 2023, e non se adoptaron medidas preventivas. Iso demostra unha neglixencia evidente por parte das administracións implicadas”, declarou Francisco González Diéguez, portavoz de Podemos Ourense.

Ante o que consideran inacción da administración autonómica, Podemos cumpre o seu compromiso de acudir á vía xudicial. Realizan esta acción para garantir a protección do conxunto histórico da cidade. A formación reclama ademais a retirada inmediata das árbores de Nadal instaladas na rúa, mentres non se garantan as condicións de seguridade e conservación do patrimonio.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.