El alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presidió esta mañana en la Catedral la tradicional ofrenda a San Martiño, patrón de la ciudad, en un acto cargado de simbolismo, fe y tradición que reunió a autoridades locales y numerosos vecinos.
Durante su intervención, Jácome recordó la figura del santo como “modelo inspirador de paz, empatía y compromiso coa natureza”, destacando que San Martiño “coñeceu de primeira man as desgrazas das guerras e adicou a súa vida a loitar pola paz”.
Jácome pide paz e respecto ambiental na ofrenda a San Martiño
El regidor pidió la intercesión del patrón pola fin dos conflitos bélicos que seguen a causar sufrimento en diferentes partes do mundo e apelou a seguir o seu exemplo de solidariedade: “A paz só lograremos empatizando con quen sofre, tratando de mitigar o seu sufrimento, como fixeches cando compartiches a túa capa”, recitou.

Jácome vinculou tamén a figura do santo cos ciclos da natureza e advertiu das consecuencias do cambio climático, lembrando que “a natureza estanos dando avisos de que eses ciclos naturais se están a alterar, probablemente a causa de actividades humanas irresponsables”. O alcalde pediu inspiración para que “os gobernantes acerten con medidas que permitan a calidade de vida das persoas sen comprometer a conservación do entorno natural”.
O discurso incluíu referencias á dependencia tecnolóxica e á necesidade de que o progreso non afaste ás persoas do contacto humano nin da natureza. “As novas tecnoloxías deben ser ferramentas útiles para mellorar a calidade de vida e o entendemento mutuo, e non medios de alienación artificial”, indicou.
Tras a ofrenda, a xornada continuou coas celebracións tradicionais do San Martiño, nas que non faltaron as castañas asadas, o viño novo e as cancións populares arredor das cacharelas, nunha festa que combina devoción, cultura e identidade ourensá.

