Noticias

Ourense celebra a segunda Xuntanza de Músicos no Campo da Feira

O Campo da Feira acollerá o vindeiro sábado, 22 de novembro, a segunda edición da Xuntanza de Músicos de Ourense.

Esta iniciativa do músico local Miguel Domínguez busca render homenaxe aos músicos ourensáns recentemente falecidos, coincidindo coa festividade de Santa Cecilia, padroa dos músicos.

Ourense celebra a segunda Xuntanza de Músicos no Campo da Feira

A actividade, patrocinada polo Concello de Ourense, desenvolverase desde as 13.30 horas até aproximadamente as 19.30 horas.

Ourense celebra a segunda Xuntanza de Músicos no Campo da Feira
Foto: Concello de Ourense

A xornada comezará cunha comida de confraternidade e, a continuación, poderán desfrutar das actuacións en directo de 11 grupos musicais de Ourense, que interpretarán tres cancións cada un. En total, serán 52 músicos os que subirán ao escenario durante as catro horas de música programadas. O evento terá entrada libre e gratuíta.

A presentación desta segunda edición tivo lugar esta mañá no salón de plenos do Concello, cun acto no que participaron o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, e o propio organizador, Miguel Domínguez.

A primeira edición celebrouse en 2023 no restaurante Praia Club de Oira, logrando un gran éxito de participación tanto de músicos como de público, o que motivou que nesta ocasión se escollera un espazo de maior capacidade como o Campo da Feira, co respaldo do Concello como patrocinador.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.