Deportes

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores de 2025

A II Gala do Trail Running Galego reuniu no Teatro Principal de Ourense aos principais protagonistas do trail running galego en 2025.

O acto, patrocinado pola Deputación de Ourense, serviu para recoñecer os mellores resultados deportivos do ano e ás probas máis destacadas do calendario.

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores de 2025

O evento contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA), Iván Sanmartín, acompañado pola directora territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Fernández; o asesor técnico de Deportes da Deputación de Ourense, Kike Álvarez; o concelleiro de Deportes de Ourense, Aníbal Pereira; a directora do Teatro Principal, Olga Mojón; así como representantes da marca Lurbel. O presidente da Deputación, Luis Menor, excusou a súa asistencia por motivos de axenda.

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores de 2025

Balance deportivo dun ano histórico

Iván Sanmartín abriu a gala cun discurso de benvida no que destacou o alto nivel acadado polos deportistas galegos ao longo de 2025. Durante o acto repasáronse as medallas conseguidas nos campionatos de España, tanto a nivel individual como por seleccións, salientando especialmente os dous títulos de Elpidio Gómez e o triunfo de Raquel Estévez en Canfranc.

Premios por categorías

Ao longo da noite entregáronse os galardóns ás tres primeiras e primeiros clasificados do ranking en cada modalidade:

  • Vertical mulleres: Tamara García, Lucía Peón, Raquel Estévez
  • Vertical homes: Fico Losada, Elpidio Gómez, Hugo García
  • Preclassic mulleres: Julia Salvado, Lucía Taboada, Emma Méndez
  • Preclassic homes: Eloy Martínez, Adrián Sesar, Roi Mourón
  • Classic mulleres: María Martínez, Tamara García, Rosa Araujo
  • Classic homes: Fico Losada, Marcos Pascual, Alexandre Otero
  • Maratón mulleres: Charo Figueroa, Carolina Miño, María Martínez
  • Maratón homes: Moncho Muiños, Xenxo Laso, José Santiago
  • Ultra mulleres: Tamara García
  • Ultra homes: Xenxo Laso, José Santiago, Yago Breijo

Tamén se recoñeceron os líderes das distintas categorías de idade, desde Sub16 ata Máster-75.

Premios principais da noite

Por decisión dun xurado especializado, os premios principais recaeron en Elpidio Gómez (ADAS CUPA) e Tamara García (CD Biosbardo), proclamados como mellores atletas galegos de trail running de 2025. O galardón á mellor proba do ano foi para o Trail das Bestas, celebrado en Muras.

Recoñecementos especiais

A gala incluíu tamén premios a aspectos organizativos e ambientais:

  • Mellor protección medioambiental: Trail da Baña
  • Mellor integración no medio natural: Trail Coba da Bruxa
  • Mellor comunicación: Trail Terras de Burón
  • Mellor seguridade: Trail de Lousame
  • Mellor fotografía: equipo fotográfico do Trail Coba da Bruxa
  • Mellor xurado: Campionato de Galicia Ultra en Chantada
  • Mellor speaker: Pablo Ríos

Ollada posta en 2026

Na recta final presentouse a axenda do trail running galego para 2026, cun calendario amplo tanto en número de probas como en actividades paralelas. A gala pechouse coa intervención de Beatriz Fernández, que animou a todo o sector a seguir traballando conxuntamente para consolidar o crecemento do trail running en Galicia no vindeiro ano deportivo.

Botón volver arriba