Eventos

Os socialistas de Ourense celebran o Día de Rosalía

Os socialistas de Ourense celebran o Día de Rosalía cunha proposta teatral aberta á cidadanía este venres, 27 de febreiro, ás 19:00 h na Biblioteca Nós.

Con motivo da conmemoración dedicada a Rosalía de Castro, a agrupación local organiza a intervención teatral Sempre Rosalía, en colaboración coa compañía Producións Dispersas.

Os socialistas de Ourense celebran o Día de Rosalía

O acto terá lugar na Biblioteca Nós, en Ourense, con entrada libre ata completar aforo.

Os socialistas de Ourense celebran o Día de Rosalía
Sempre Rosalía. Ourense.

A proposta escénica diríxese a todos os públicos e ofrece unha ollada contemporánea á autora. A mesma, está afastada da visión idealizada que durante décadas marcou parte do seu relato biográfico. O espectáculo presenta unha Rosalía viva, irónica, crítica e profundamente comprometida coa realidade social do seu tempo.

Sobre o escenario, a actriz Ana Ponte, caracterizada como a escritora compostelá, comparte escena co actor Diego Freire, quen interpreta a un dos seus biógrafos. Ambos constrúen un diálogo teatralizado no que a palabra poética se mestura co humor e coa reflexión, achegando a obra e o pensamento rosaliano á veciñanza desde códigos actuais e accesibles.

Dende a organización socialista subliñan que “reivindicar a Rosalía é tamén reivindicar unha cultura galega crítica, moderna e con voz propia, e celebrar que unha muller ocupe ese lugar central na nosa historia cultural, malia todas as dificultades que tivo que superar”. A formación enmarca esta actividade no seu compromiso cunha programación cultural pública, de calidade e con perspectiva de xénero na cidade de Ourense.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.