Noticias

Previsel abre en Expourense con ampla participación do sector da prevención

Previsel, o Salón da Prevención e Seguridade Laboral, abriu hoxe as súas portas en Expourense consolidado como o principal punto de encontro profesional de Galicia para a formación e actualización en prevención, seguridade e saúde laboral.

O evento reúne a profesionais, empresas, administracións e estudantes co obxectivo de avanzar cara á sinistralidade cero mediante a anticipación e a prevención.

Previsel abre en Expourense con ampla participación do sector da prevención

A 19ª edición ofrece máis de 50 accións formativas que nesta primeira xornada rexistraron unha elevada participación tanto de profesionais en activo como de estudantes de Formación Profesional procedentes da provincia de Ourense e doutros puntos de Galicia.

Previsel abre en Expourense con ampla participación do sector da prevención
Foto: Expourense

Ademais das actividades específicas das súas especialidades, os participantes asistiron a talleres de primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar (RCP) impartidos por Cruz Vermella Ourense ou a sesións sobre hábitos saudables promovidas pola Consellería de Sanidade.

Entre as actividades máis destacadas figurou o simulacro de evacuación con “tirador activo”, organizado por TESGALICIA coa colaboración da Policía Nacional e no que participaron técnicos de emerxencias sanitarias de Galicia, Portugal e Madrid. O exercicio, seguido por centos de persoas, incluíu o desaloxo do recinto e rematou coa visita dun helicóptero do 061.

A inauguración contou coa participación do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández; a xerente do Instituto de Saúde e Seguridade Laboral de Galicia (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja; o deputado provincial Rosendo Fernández; e o presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), David Martínez.

Durante o acto destacouse tamén o papel das xornadas formativas organizadas polo ISSGA dentro da Estratexia de seguridade e saúde laboral de Galicia Horizonte 2027. A sesión celebrada hoxe abordou os riscos psicosociais e ergonómicos das persoas que traballan na atención a dependentes.

A programación complétase con exposicións de vehículos e equipos de emerxencias, obradoiros prácticos de extinción de incendios e diferentes seminarios técnicos sobre riscos laborais.

Previsel 2026, que conta co apoio principal do ISSGA e coa colaboración da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, pechará mañá xoves cun horario de 10:00 a 14:00 h.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.