Eventos

Alongos acolle a presentación de “KUAYU”

A parroquia de Alongos acollerá o vindeiro 11 de abril a presentación do libro “KUAYU, tras las huellas del pasado”, unha obra do arqueólogo Pablo Nóvoa.

O acto celebrarase ás 19:00 h no local da Graveira, onde o autor, natural da propia localidade, dará a coñecer este traballo no que recompila máis de vinte e cinco anos de investigación arredor do pasado máis remoto da humanidade.

Alongos acolle a presentación de “KUAYU”

Segundo explica o propio Nóvoa, o concepto de KUAYU tivo un papel clave no proceso creativo, funcionando como unha sorte de “guía espiritual” ao longo da elaboración do libro.

A publicación recolle experiencias vividas polo investigador en diferentes partes do mundo, na súa procura de respostas sobre as orixes da humanidade.

Alongos acolle a presentación de “KUAYU”

A obra presenta relatos baseados en feitos reais que, nalgúns casos, chegan a rozar o paranormal, mais que o autor relata desde unha perspectiva persoal e directa. Deste xeito, o libro non se configura como unha novela de ficción, senón como un testemuño das vivencias e percepcións acumuladas durante décadas de traballo de campo.

Botón volver arriba