ZYREX é o proxecto de música urbana en galego co que o artista Alex Diéguez busca transformar o panorama musical actual.
Con orixe na vila de Verín, esta proposta funde estilos contemporáneos como o R&B, o afrobeat, o reggaetón e o dancehall para achegar a lingua propia aos públicos máis novos mediante unha identidade sonora única.
ZYREX revoluciona a música urbana desde Verín
A iniciativa medra de forma constante tanto en redes sociais como nas principais plataformas musicais. O artista conta xa con arredor de 330 oíntes mensuais en Spotify e suma unha comunidade activa de 823 seguidores en TikTok e 944 en Instagram, espazos onde partexa adiantos, lanzamentos e contido exclusivo sobre o seu proceso creativo.

Entre as súas creacións máis recentes destacan os sinxelos «SEN TI», «ESA CARIÑA» e «5AM», mentres traballa na elaboración de novos temas e colaboracións.
Máis alá do formato dixital, ZYREX consolidase na escena con actuacións en directo en diversos eventos e festas. Con esta traxectoria, Alex Diéguez demostra que é posíbel construír e proxectar un proxecto musical competitivo con selo ourensán desde o medio local.