Noticias

Rotary organizará en Ourense un concerto contra a polio

O Rotary Club de Ourense organizará o 23 de outubro no Liceo un concerto benéfico para recadar fondos destinados á loita contra a poliomielite.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, xunto coas concelleiras Tamara Silva e Noa Rouco, recibiu no salón de plenos o gobernador do distrito 2026-2027 de Rotary, Joaquín Sánchez Cots, acompañado pola presidenta do Rotary Club de Ourense, Mari Cruz Pérez, e a súa xunta directiva.

Rotary organizará en Ourense un concerto contra a polio

Durante o encontro puxéronse en valor os proxectos sociais da entidade e a súa colaboración coa cidade. Entre as actuacións recentes destaca a instalación dun desfibrilador no Liceo, financiado coa gala anual do colectivo.

Rotary organizará en Ourense un concerto contra a polio.
Foto: Concello de Ourense.

O próximo concerto correrá a cargo da Agrupación Musical da Limia e a súa recadación destinarase integramente á campaña internacional PolioPlus, coa que Rotary traballa desde 1985 para erradicar a poliomielite.

O Rotary Club de Ourense tamén prevé organizar cursos de formación no uso de desfibriladores, instalar novos dispositivos de cardioprotección e presentar unha proposta para colocar un monumento rotario na cidade.

Botón volver arriba