AVIGAL e Antela Editorial presentaron este mércores, na Libraría Seijas de Pontevedra, a terceira edición do Certame Literario Jaime Olmedo Limeses, unha iniciativa para fomentar a creación literaria en galego e achegar a lectura ás novas xeracións.
Durante o acto déronse a coñecer as bases e novidades da convocatoria, así como as actividades complementarias previstas. A organización tamén fixo balance das dúas primeiras edicións e da acollida das obras premiadas.
AVIGAL presenta a terceira edición do Certame Jaime Olmedo Limeses
O certame leva o nome de Jaime Olmedo Limeses, fundador de AVIGAL, e busca consolidar un espazo de encontro entre literatura, educación e cultura galega.

Na primeira edición resultou gañadora Pernascochas, que xa supera os 4.000 exemplares vendidos. Na segunda, o premio foi para Alén e o dragón, incorporada tamén ao catálogo de Antela Editorial.
Con esta terceira convocatoria, AVIGAL e Antela Editorial queren seguir impulsando novas voces literarias e reforzar a presenza da literatura en galego, especialmente entre as novas xeracións.

