O Concello de Ourense iniciará nos próximos días unha campaña de renovación de firmes e asfaltado en sete zonas do perímetro rural, cun investimento de 220.000 euros.
As actuacións buscan mellorar o estado das vías, facilitar a circulación e reforzar a seguridade viaria, atendendo ás necesidades detectadas nos distintos núcleos.
O Concello investirá 220.000 euros no asfaltado rural
Os traballos desenvolveranse na rúa Sánchez Arteaga, rúa Ceibe, rúa do Campo en Vilar de Astrés, Valdolide, Bobadela, estrada Vella de Sistís e Campo da Festa de Quintela.

Segundo o Concello, as obras forman parte do programa municipal de conservación e mellora das infraestruturas viarias do rural. A intervención executarase de forma progresiva nas diferentes zonas previstas.

