Noticias

O BNG acusa a Valcárcel de someterse a Jácome

A candidata do BNG á Alcaldía de Barbadás, Mónica Valencia, acusa o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, de someterse aos intereses de Gonzalo Pérez Jácome para manterse no cargo.

Valencia critica o acordo que permite o regreso de Democracia Ourensana ao goberno municipal e considera que evidencia a “incapacidade para gobernar” do rexedor.

O BNG acusa a Valcárcel de someterse a Jácome

“Cando Jácome mandou abandonar o goberno, Daniel Rey marchou. Agora Jácome acorda seguir, despois de atar un pacto na Deputación, e DO volve apoiar o señor Valcárcel”, sinala.

O BNG acusa a Valcárcel de someterse a Jácome

A nacionalista denuncia que estes movementos responden á “supervivencia persoal” de Valcárcel e lamenta que se produzan “a costa do desgoberno en Barbadás”.

Botón volver arriba