O equipo ourensano Ziptie Motorsport conseguiu o terceiro posto nas probas estáticas da HTL Zero Emission Challenge 2026, celebrada os días 21 e 22 de outubro en Viena (Austria), cun kart eléctrico deseñado e construído polos seus integrantes.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira Noa Rouco recibiron os mozos no Concello para felicitalos polo resultado.
Ziptie Motorsport logra o bronce en Viena
O equipo está formado por catro estudantes de Enxeñaría Aeroespacial da Universidade de Vigo —Nicolás Outón, José Luis Penide, Carlos Vázquez e Pablo Álvaro Froiz— e Guillermo Penide, do IES Sánchez Cantón.

A formación converteuse no primeiro equipo internacional en participar nesta competición. Nicolás Outón destacou que a experiencia foi «un soño feito realidade» e asegurou que o kart funcionou «espectacular«.

