Noticias

O PSdeG de Barbadás pide máis fondos contra a violencia machista

O PSdeG-PSOE de Barbadás levará ao pleno do 2 de novembro unha moción para blindar os fondos municipais contra a violencia machista en 2027 e reforzar a prevención e a atención ás vítimas.

A concelleira Elisabet González Nistal defenderá medidas como unha campaña informativa permanente sobre os recursos de axuda, a difusión dos teléfonos 016, 900 400 273 e 112, e o reforzo da educación en igualdade nos centros educativos.

O PSdeG de Barbadás pide máis fondos contra a violencia machista

A iniciativa tamén reclama á Xunta e ao Goberno central máis financiamento para os concellos a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

As socialistas propoñen, ademais, celebrar o 25 de novembro un acto institucional con lectura dunha declaración e un minuto de silencio.

Botón volver arriba