Noticias

Jacaranda Caride será a candidata do PP á alcaldía de Amoeiro

Jacaranda Caride Fernández encabezará a candidatura do PP de Amoeiro nas eleccións municipais de maio de 2027.

A actual presidenta da xestora local, cargo que ocupa desde xullo, leva máis de vinte anos vinculada á formación.

Jacaranda Caride será a candidata do PP á alcaldía de Amoeiro

A candidata afronta o reto con “ilusión, ganas de traballar, moita humildade e o compromiso de dar o mellor de min”. Entre as súas prioridades figuran a mellora das estradas e accesos ás parroquias, o abastecemento de auga, as instalacións deportivas e a atención ás persoas maiores e ás familias.

Caride aposta por formar un equipo que represente as distintas parroquias e elaborar un programa realista a partir da escoita á veciñanza.

O presidente provincial do PP, Luis Menor, destacou a súa proximidade e capacidade de escoita. Ademais, subliñou que o partido xa confirmou seis novas candidatas para as municipais de 2027 na provincia.

Botón volver arriba