O Pavillón dos Remedios acollerá esta fin de semana o 55º Campionato de España júnior de halterofilia, unha competición que reunirá 140 deportistas de ata 20 anos procedentes de todo o país.
O torneo celebrarase na cancha central do recinto municipal durante o sábado e o domingo. A representación galega estará formada por dez deportistas, cinco mulleres e cinco homes, con opcións de conseguir medallas en varias categorías.
Ourense reunirá a 140 halteras no Campionato de España júnior
A presentación oficial tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ourense, coa participación de representantes municipais, da Xunta, da Deputación e da Federación Galega de Halterofilia. Entre eles estiveron o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira; a concelleira de Xuventude, Tamara Silva, e o presidente da federación galega, David Losada.

Horarios da competición
- Sábado: de 9:00 a 20:00 horas, con diferentes tandas durante toda a xornada.
- Domingo: de 10:00 a 12:30 horas.

