Noticias

Aerotech Solaris gaña a primeira competición universitaria de foguetes

O equipo Aerotech Solaris da Universidade de Vigo, liderado desde o campus de Ourense, proclamouse vencedor da primeira competición de foguetaría universitaria celebrada en España.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu os seus integrantes no Concello para felicitalos polo éxito.

Aerotech Solaris gaña a primeira competición universitaria de foguetes

O equipo acadou o primeiro posto no certame L1, organizado por Surt e SpainRocketry en Alcolea de Cinca (Huesca). Participou co Viradinha MkII, un foguete deseñado e fabricado polo propio alumnado.

Aerotech Solaris gaña a primeira competición universitaria de foguetes

O proxecto conta este curso con 36 estudantes de diferentes titulacións da UVigo, principalmente dos campus de Ourense e Vigo. O foguete mide 1,23 metros, pesa aproximadamente 1,6 quilos e incorpora aviónica con telemetría. Pode alcanzar os 470 km/h e conseguiu un apoxeo de 426,6 metros durante a competición.

Ademais do lanzamento, os participantes tiveron que presentar un proxecto técnico e demostrar os seus coñecementos en organización, seguridade e deseño aeroespacial.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba