Noticias

O PSdeG presenta 11 alegacións ao Plan de Emerxencias de Ourense

O grupo socialista propón crear refuxios climáticos, reforzar a prevención de incendios e mellorar a protección das persoas vulnerables.

A candidata socialista á Alcaldía, Natalia González, lembrou que o seu grupo impulsou en 2025 unha moción para reclamar a elaboración do plan, aprobada polo Pleno.

O PSdeG presenta 11 alegacións ao Plan de Emerxencias de Ourense

O PSdeG de Ourense presentou 11 alegacións ao Plan de Emerxencias Municipal (PEMU) para mellorar a prevención e a resposta ante situacións de risco.

O PSdeG presenta 11 alegacións ao Plan de Emerxencias de Ourense.
Natalia González.

Entre as propostas figuran a creación dunha Rede Municipal de Refuxios Climáticos, protocolos fronte ás vagas de calor e medidas específicas para protexer persoas maiores que viven soas, persoas con discapacidade e persoas sen fogar.

As socialistas tamén reclaman planificar as evacuacións nas zonas con risco de incendio, mellorar os sistemas de alerta, crear un mapa dixital de riscos e preparar centros de acollida.

Publicaciones relacionadas

Ademais, propoñen avaliar anualmente a aplicación do PEMU mediante unha memoria que recolla simulacros, formación e incidencias.

González advertiu de que «un Plan de Emerxencias non pode quedar nun documento» e reclamou persoal formado, servizos preparados e recursos para garantir a protección da veciñanza.

Botón volver arriba