O Concello de Ourense acenderá as luces de Nadal o venres 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Praza Maior.
O acto contará coa actuación musical de La Banda de Ayer, formación galega que ofrecerá un percorrido polos grandes éxitos do pop e do rock dos anos 80, 90 e 2000.
Ourense acenderá o alumeado de Nadal o 4 de decembro
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou que o goberno municipal mantén a tradición de inaugurar a iluminación na antesala da ponte da Constitución e da Inmaculada. «Acendemos as luces do Nadal cando hai que acendelas: no mes de decembro», afirmou.

O rexedor destacou que a decoración festiva responde a unha demanda crecente da veciñanza e contribúe a crear ambiente navideño nos diferentes barrios da cidade.
La Banda de Ayer, procedente de Gondomar, está integrada por tres vocalistas e catro instrumentistas e participa na xira Vintage Tour 2026.

