Noticias

A avenida de Zamora mellorará a accesibilidade e o firme

A Xunta executa obras na avenida de Zamora de Ourense para renovar o pavimento, mellorar as beirarrúas e reforzar a seguridade dos pasos de peóns.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou este 17 de novembro os traballos, acompañado por técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas.

A avenida de Zamora mellorará a accesibilidade e o firme

A intervención inclúe a colocación de baldosas podotáctiles nos pasos de peóns, a substitución de plaquetas rotas ou soltas e a reparación de bordos deteriorados. Tamén se ampliarán beirarrúas para mellorar a visibilidade e construirase un novo tramo na marxe dereita, entre a rúa Marie Curie e o paso peonil anterior á praza Santo Cristo.

A avenida de Zamora mellorará a accesibilidade e o firme
Foto: Delegación da Xunta.

No relativo á calzada, os traballos contemplan o fresado e a reposición dos puntos máis deteriorados, así como a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a avenida. A actuación completarase co pintado da sinalización horizontal.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba